Inicio / As trabas da apicultura urbana en Galiza
08/09/2014
A apicultura urbana xa é unha práctica nas grandes cidades europeas e en Estados Unidos. No obstante, en Galiza e no resto do Estado español atópase cunha normativa restritiva que impide o seu desenvolvemento. A pesar do problema legal, están a xorder pequenas iniciativas nalgúns concellos galegos, impulsadas pola Asociación galega de apicultores, que buscan promover a apicultura nos ámbitos urbanos.