Inicio / Seguros ecolóxicos para clientes ecolóxicos
25/06/2014
As compañías de seguros están a ver na ecoloxía un nicho de mercado aínda por explorar. Algunhas empresas xa están a lanzar pólizas ou seguros verdes para persoas e entidades con actitudes respectuosas co ambiente. Neste espazo coñecemos algúns dos produtos que xa están en activo relacionados coa redución da contaminación, coa redución na xeración de residuos, cos vehículos eléctricos ou coa mobilidade sostible.