Inicio / Como protexer as 4 parellas de mazarico real
19/05/2014
Na Península Ibérica quedan só 4 parellas de mazarico real e están na Terra Chá. O mazarico ou zarapito real é das aves nidificantes máis ameazadas de Galiza e do resto do Estado e precisa de protección. Mentres agarda por un Plan de Recuperación, que debera de aprobar o goberno autonómico, a USC está a desenvolver unha iniciativa que cando menos intente preservar as parellas reprodutoras instaladas na comarca chairega. Neste espazo, coñecémola!