Inicio / Día da Terra pola ampliación da Rede Natura galega
23/04/2014
A ampliación da Rede Natura é unha promesa electoral do PP incumprida. Non haberá ampliación a curto prazo. Por este motivo, ADEGA, FEG e SGHN dedican o Día da Terra aos espazos da Rede Natura e reclaman sen máis demora a súa ampliación para evitar, entre outros efectos, unha multa da Unión Europea.