Inicio / Recurso xudicial contra a delimitación do Camiño...
02/04/2014
O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de recorrer nos tribunais a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago. Os preto de 20 colectivos que conforman este Foro consideran que o trazado oficializado é fraudulento, non cumpre coa Lei de Protección dos Camiños e que pon en risco a declaración desta vía histórica como Patrimonio da Humanidade. Esta é a segunda delimitación dos camiños de Santiago que actualmente está xudicializada.