Inicio / Boletín informativo ambiental 13/12/24
13/12/2024
Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna!