Inicio / Boletín informativo ambiental 02/06/23
02/06/2023
Novo golpe xudicial contra a política eólica da Xunta! A asociación ecoloxista ADEGA consegue tumbar nos tribunais o Parque Eólico Campelo de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba. Unha sentenza que cae como auga de maio para todos aqueles recursos que se pretendan presentar contra os novos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. O Tribunal considera que o Campelo é unha fragmentación dun macroproxecto eólico de maiores dimensións nos que estarían relacionados outros dous polígonos eólicos: Bustelo e Monte Toural, tamén de Greenalia. Paralelamente, ADEGA pon a andar varias campañas de recadación colectiva "Ti podes paralos!" para precisamente frear a actual invasión eólica do país nos tribunais.