Inicio / Boletín informativo ambiental 12/11/21
12/11/2021
As novas desta semana poñen en evidencia o conflito entre a necesidade de abordar de forma urxente a emerxencia climática e a necesidade de facelo sen sacrificar deliberadamente a conservación da biodiversidade e actividades compatibles cunha contorna sustentábel. Desde o Cumio de Glasgow ata o rexeitamento social aos macroparques eólicos ou o seu impacto sobre unha especie agora protexida: o lobo. Escóitanos!