Inicio / Boletín informativo ambiental 30/04/21
30/04/2021
Algunhas das novas que nos deixa a semana: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos. O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego. Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!