ADEGA manifesta o seu pesar pola aprobación desta normativa que vai supoñer un importante retroceso para o desenvolvemento rural do noso país desde unha perspectiva integral, sostíbel e multifuncional.
ADEGA advírtelle á Xunta que está a promover, non só actuacións contrarias á lexislación ambiental, senón atentados contra recursos fundamentais para a calidade de vida da poboación e a sustentabilidade futura do litoral galego.
Con motivo de se cumpriren dous anos da súa constitución, o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, celebrou unha asemblea xeral para analizar a evolución do estado de conservación e protección desta milenaria calzada medieval.
O xoves dia 5 de Xullo do 2012 pasará á historia despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase no boletín Oficial do Estado a declaración de impacto ambiental negativa do encoro no río Navia, promovida por Saltos del Navia.