A Deputación da Coruña aprobou un convenio con AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) por un importe de 170.000€, achegando a entidade provincial 150.000€. AGADES ten 25 socios e carece de traxectoria ambiental. Onde hai padriños...
A Xunta sacou a consultas o Plano de Conservación da Frouxeira-Valdoviño. O documento reforza as denuncias de ADEGA pola nefasta xestión da administración neste humidal: Incumpriron a lei perxudicando gravemente ao espazo
A enerxía renovábel, a xestión de residuos, as radiacións electromagnéticas, a contaminación por radón e as especies exóticas son algúns dos temas tratados nesta edición. O nº 70 de Cerna está enteiramente dispoñíbel en adega.gal/revistacerna.
O grupo parlamentar do PP vén de retratarse hoxe no Parlamento como único defensor do uso do cianuro en minaría. Rexeitou aprobar unha proposición de lei redactada polos ecoloxistas galegos para prohibir o uso deste veleno en calquera mina do país.
No Foro Europeo dos Residuos desta fin de semana en Pontevedra, o "taxazo" de SOGAMA foi un dos temas estrela. A preocupación dos concellos son os cartos, mais o que se debería cuestionar é o modelo. E hai alternativas reais que funcionan
Acordamos apresentar recurso de casación perante o Supremo e logo ir ao Constitucional como pasos necesarios para chegar a Europa. Non confiamos na xustiza española: Retratouse perfectamente coa vergoñenta e aldraxante sentenza do Prestige.