A Comisión Europea vén de apresentar o "libro branco" do clima e a política enerxética cara o 2030. Obxectivos de redución de emisións pouco ambiciosos, balde de auga fría ás renovábeis e incomprensíbel esquecemento dos obxectivos de eficiencia.
Hoxe falláronse e entregáronse os premios 2013 correspondentes á III Edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e ao II concurso de curtametraxes “E ti que é o que vés?”, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Investigadores/as do CSIC veñen de cuantificar a perda de fertilidade dos solos polos incendios. Ao impacto dos lumes engádese a erosión e a perda de nutrientes que provocan. As medidas paliativas e de rexeneración nos espazos queimados son nulas.
Este sábado 11 de xaneiro ADEGA celebrou a súa 38 Asemblea Xeral. Baixo o lema "Mareas de Dignidade" debatemos sobre a reposta ecoloxista e social á perda de dereitos -tamén ambientais- achegando propostas para avanzarmos cara a sustentabilidade.
ADEGA concede os premios OSÍXENO e DIOXINA ás millores e piores actuacións ambientais do pasado ano 2013. Adolfo Muíños, a equipa xurídica de Nunca Máis e Antón Masa son os Osíxenos 2013. Carlos Muñoz e os parlamentares do PP europeo, os Dioxinas.
Apostar por modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios na xestión dos residuos non só é unha cuestión de cartos. Con valentía política e compromiso coa cidadanía pódense pór en marcha iniciativas para reducir dende xa a dependencia de SOGAMA