ADEGA organiza a III xornada sobre o lobo galego para avaliar a situación do lobo no país. Será na Eira da Xoana o 26 de abril, e contaremos coa presenza de expertos e de Marcos Rodríguez, que convivíu 12 anos con lobos e inspirou "Entrelobos"
Feijóo e Hernández prometeron a ampliación da Rede Natura galega que, ao non aprobarse, perde 842 ha ao decaer a ZEPVN Miño-Neira. As entidades ecoloxistas galegas demandamos á Xunta que cumpra o seu compromiso e aprobe a ampliación da RN2000 xa!
Na Rede Natura; na proposta de ampliación da Rede Natura agora parada; en áreas que deberían estar protexidas e non o están porque interesan a alguén... As agresións a hábitats sensíbeis, quer o bosque de ribeira ou a costa, multiplícanse polo país
ADEGA vén de comparecer na Comisión Parlamentar sobre Seguranza Viaria para, alén de propoñer medidas concretas, achegar unha reflexión sobre a influenza do modelo territorial e as erradas políticas de transporte que se están a aplicar no país.
A Xunta vén de aprobar un Plano Director da Rede Natura con 4 anos de retraso e que pretende tralo verniz dunha falsa protección ambiental "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000 galega, a máis cativa en porcentaxe do estado
O desembarco en Galiza das granxas de visóns vetadas en Europa é xa unha abordaxe en toda regra. Sen rematar o periodo de alegacións, sen licenza nen permisos ambientais, as pelexeiras obran a toda máquina na millor tradición dos feitos consumados