Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil.
ADIF vai fletar un tren fumigador para eliminar a vexetación da liña Coruña-Ferrrol. O comboio esparexerá o herbicida nas dúas beiras da vía. Serán milleiros de litros de tóxicos inxectados nos ecosistemas, acuíferos e a carón de cultivos e vivendas
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está en perigo. Máis encoros, canteiras, autovía A-76, xunto coa desprotección efectiva o abandono do patrimonio natural e cultural perxudican á candidatura. Para a UNESCO non vale todo!
ADEGA denunciou en 2012 a expedición masiva (previo pago) de licenzas de caza sen que os titulares pasaran os preceitivos trámites. Estaban implicados funcionarios de Cons. da Natureza na Coruña e custou a "baixa" a García Borregón, ex-director xeral
Os concursos polo territorio enmárcanse na Campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, que ADEGA leva desenvolvendo os últimos 4 anos. O obxectivo é que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.
As conclusións das III Xornadas sobre o lobo galego deste 26 de abril na Eira da Xoana son preocupantes: Con menos recursos alimenticios, máis barreiras entre hábitats e unha crecente presión cinexética, o lobo non ten garantida a súa supervivencia