14-01-2014
Hoxe tivo lugar, ás 12 do mediodía, no Salón de Actos da Deputación de Lugo o acto de entrega dos Premios 2013 polo Territorio convocados por ADEGA desde hai 3 anos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.
Trátase da resolución da III Edición dos Concursos de fotografías e de relatos e do II Certame de curtametraxes, apoiados co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e enmarcados na campaña de ADEGA “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.
Nesta última edición achegáronse 68 fotografías de 24 participantes, 65 relatos de 60 participantes e 11 curtametraxes de 10 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, A Estrada, Sober, Ferrol, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán...
Os diferentes galardóns foron entregados por varios representantes de ADEGA, membros do xurado e polo delegado de Cultura na Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
A continuación sinalamos os nomes e obras das persoas premiadas e finalistas dos tres Certames polo Territorio.
CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador:
CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador:
CATEGORÍA ÚNICA:
-Gañadores: