Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

15/10/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

A Xunta leva 5 anos promovendo a caza ilegal nos humidais protexidos

Desde o ano 2008 está vixente unha resolución da Xunta que permite cazar con munición de chumbo en humidais protexidos, algo que vai en contra da lexislación estatal, que prohíbe expresamente esta actuación. Pese aos intentos dos colectivos ecoloxistas, nomeadamente da SGHN, por instar aos distintos gobernos da Xunta para derrogar esa resolución, a día de hoxe aínda se está a aplicar. Recentemente, o Tribunal Constitucional tamén condenou o incumprimento desta normativa.

14/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Crónica dun varamento masivo

É un dos varamentos masivos de cetáceos que ten acontecido, non só nas costas galegas, senón tamén españolas. A pasada semana, 22 caldeiróns varamban na praia de Arealonga do Vicedo, na Ría do Barqueiro, facendo saltar todas as alarmas e vontades. Un dos membros do equipo da CEMMA (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) relátanos in situ como se viviron esas xornadas de rescate.

11/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 11/10/13

Repasamos as novas ambientais dos últimos días, aquí neste espazo de Radio Cerna. Coñéceas!

10/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Ribeira Sacra: nova aposta polo Patrimonio da Humanidade

É a segunda vez que a Ribeira Sacra se propón como candidata a Patrimonio da Humanidade. Tras o frustrado intento da Xunta de 2005, que non acadou chegar nin á sede da Unesco, agora son as Deputacións provinciais de Lugo e Ourense as que impulsan unha nova proposta. Parece que desta volta as intencións son serias, mais queda por acadar o apoio de todos os sectores implicados. Entrevistamos a Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.

09/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Alternativas á erradicación das especies invasoras en illas

Unha tese doutoral da Universidade de Santiago de Compostela determina cales son os métodos de control máis eficaces contra a flora e fauna exótica invasora en ecosistemas insulares. Un dos casos de estudo foi o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

08/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Web para a biodiversidade ameazada de Galiza e do norte de Portugal

Nace un novo portal web dedicado á biodiversidade ameazada de Galiza e do Norte de Portugal. En "biodiversidade.eu" poderemos atopar o rexistro de todas as especies animais e vexetais ameazadas, a súa localización no mapa, as fichas das características de cada unha, rutas de observación de flora ameazada, etc. O web está promovido pola USC, que pretende que sexa a propia sociedade a que o vaia dotando de contidos.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal