Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 13/12/13

Escoita e coñece as novas acontecidas os últimos días no eido ambiental galego neste espazo Cerna!

12/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Ecoloxistas destapan 45 km de ríos excluídos do PXOM de Lugo

Tres organizacións ecoloxistas (ADEGA, Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio) veñen de facer público un estudo de recoñecemento e identificación de cursos fluviais non contemplados no plan urbanístico de Lugo. Polo de agora son algo máis de 45 quilómetros de río que desapareceran do documento oficial urbanístico, por tanto, estaban sen protección. Pero os colectivos promotores do estudo advirten de que esta é só unha pequena mostra dos centros de efluentes que quedan aínda por identificar e revivir.

11/12/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Xestión de envases agrarios. O sistema SIGFITO

Todo tipo de envases agrarios ou fitosanitarios estanse a xestionar en todo o Estado a través dun sistema integral sen ánimo de lucro chamado SIGFITO. Neste espazo de Radio CERNA coñecemos como funciona o sistema, cales son as obrigas da sociedade xestora, do agricultor, e que tratamento reciben os agroenvases.

10/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

É viable unha planta de compostaxe na comarca de Pontevedra?

Carme da Silva, concelleira de medio ambiente en Pontevedra, dá conta do estudo de viabilidade dunha planta de compostaxe para a comarca pontevedresa. O proxecto xorde da necesidade de buscar unha alternativa máis sostible e barata na xestión do lixo urbano. A ponencia foi relatada no Foro europeo de residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro.

09/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O plan de residuos da Xunta. Continuidade do modelo Sogama

Fernando Asperilla, xefe de servizo de planificación de residuos da Xunta, acudiu ao Foro cara a unha sociedade da reciclaxe, organizado por ADEGA, para explicar cales son as expectativas da Xunta en materia de residuos de aquí ao ano 2020. Destaca algúns dos obxectivos que pretende acadar o Plan galego de residuos e analiza cales foron os resultados nos últimos 3 anos da aplicación do plan.

05/12/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

Sociedades cara o residuo Cero. O caso de Italia

Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento e coordinador do Comité Científico de Zero Waste en Europa, Enzo Favoino. Recollemos neste espazo a súa intervención traducida por unha intérprete ao galego.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal