Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

09/04/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

O PP municipalista, tamén a prol da compostaxe

Neste espazo daremos conta daqueles alcaldes do PP que tamén andan a buscar unha alternativa a Sogama no eido local. Os rexedores municipais das comarcas do Deza e do Salnés, a maioría do Partido popular, visitaron as instalacións da planta de compostaxe de Lousame para coñecer o seu funcionamento e as súas vantaxes. Tamén andan a explorar experiencias como a compostaxe doméstica, co obxectivo de reducir a xeración de lixo en orixe e tratar a materia orgánica na casa. O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, a quen escoitaremos, é un dos rexedores populares que máis aposta nestes momentos por un cambio de modelo.

07/04/2014   [00:10:00]   [5.75 MB]

Máis de 90 alcaldes galegos queren un novo modelo de xestión dos residuos

Neste espazo escoitamos a algúns dos 90 alcaldes galegos que se negan a pagar o taxazo de Sogama e avogan por un novo modelo de xestión de residuos en Galiza. Perante a negativa da Xunta de compartir a débeda contraída polo modelo da incineración, demandan alternativas máis eficientes ambiental e economicamente.

04/04/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 04/04/14

Descobre as novas que o eido ambiental galego deixou nesta primeira semana de abril en tan só 10 minutos!

02/04/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Recurso xudicial contra a delimitación do Camiño Primitivo

O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de recorrer nos tribunais a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago. Os preto de 20 colectivos que conforman este Foro consideran que o trazado oficializado é fraudulento, non cumpre coa Lei de Protección dos Camiños e que pon en risco a declaración desta vía histórica como Patrimonio da Humanidade. Esta é a segunda delimitación dos camiños de Santiago que actualmente está xudicializada.

31/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

A Xunta ten nas súas mans a paralización das obras no río Sarria

A Xunta, non só ten nas súas mans a paralización das obras do plan de encauzamento do río Sarria, senón que ten a obriga de detelas. É o que reiviindican as organizacións ADEGA e a AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago). Reclaman responsabilidades á D.X. de Patrimonio e á D.X. de Conservación da Natureza por non cumprir a lei e non promover medidas cautelares esixidas pola normativa que son de aplicación no caso da tala de árbores e do derrubo da ponte de Toleiro no centro da localidade sarriana.

28/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/03/14

Escoita cales foron as novas no eido ambiental máis relevantes na última semana. Aquí en Radio Cerna facémosche un resumo. Escóitanos!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal