Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

09/06/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Outra autoestrada de impacto: A-57 Vilaboa-Pontevedra

Un novo proxecto de autoestrada ameaza con impactar a comarca de Pontevedra, desde o punto de vista ambiental, patrimonial e social. A A-57, no seu treito Vilaboa-A Ermida, a pesar de só ter unha lonxitude de 7 quilómetros, está a crear un gran rexeitamento social polas agresións que supón para o territorio afectado. Neste espazo coñecemos as razóns de oposición a este proxecto manifestadas pola recentemente constituída plataforma "Salvemos A Fracha".

06/06/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 06/06/14

Neste espazo repasamos as novas ambientais máis destacadas desta semana mundial do Medio ambiente. Compárteas con nós!

04/06/2014   [00:10:00]   [5.75 MB]

O Tribunal Europeo senta xurisprudencia sobre obras públicas en Rede Natura

Unha sentenza do Tribunal de Luxemburgo senta xurisprudencia sobre como se debe interpretar a Directiva Hábitats con respecto á execución de obras ou infraestruturas que potencialmente afecten os valores ambientais de Rede Natura 2000. En concreto, dito fallo, denegou a construción dunha autoestrada en Holanda que atravesaba hábitats protexidos por non considerala unha obra de interese xeral de primeira orde. Analizamos a sentenza coa profesora en dereito ambiental, Alba Nogueira.

02/06/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Carballo, referente galego na compostaxe escolar

Máis de mil nenos e nesas do concello de Carballo aprenderán a compostar os residuos orgánicos producidos no eido escolar. Tres colexios deste municipio súmanse ao programa de compostaxe comunitaria de ADEGA que, co apoio do concello, pretende ensinar aos máis pequenos a aproveitar os residuos orgánicos como abono. Xosé Regueira, concelleiro de promoción económica en Carballo, explica neste espazo cales son as expectativas e as vantaxes deste programa educativo, que responde tamén a unha filosofía de cambio na xestión integral do lixo.

30/05/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 30/05/14

Escoita o máis destacado na actualidade desta semana das novas acontecidas en Galiza relativas ao medio ambiente e á ecoloxía!

28/05/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Máis de 20 partidos políticos do Estado avogan por prohibir o fracking

O fracking ou fractura hidráulica para a captación de gas natural xa está a irromper no Estado español. Numerosos permisos de investigación para a explotacións de fracking xa se están a tramitar en diversos puntos da xeografía estatal. O asunto chegou ao Congreso no día de onte a través dunha proposta de Izquierda plural na que se instaba á prohibición desta práctica. O PP votou en contra e CiU, UPyD e PNV abstivéronse. O resto de partidos votaron a favor, aínda que non resultou ser a posición maioritaria. No obstante, días antes do debate no Congresto, 20 formacións políticas e máis de 40 organizacións sociais asinaron un manifesto no que se avoga pola prohibición do fracking.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal