23/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Proxecto Ríos leva unha década achegando a sociedade galega aos ríos de Galiza. Hoxe en día é un dos programas de voluntariado ambiental máis sólido do país e congrega a máis de 200 grupos de voluntarios e voluntarias. ADEGA quere celebrar por todo o alto este aniversario o vindeiro domingo, 29 de xuño. Neste espazo, Virixina Rodríguez, presidenta de ADEGA e unha das promotoras de PR en Galiza, fai balanzo destes últimos 10 anos de Proxecto Ríos.
20/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo repasamos as novas ambientais máis resaltables da última semana. Coñéceas!
18/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A campaña Cousa de Raíces tamén porá en valor as potencialidades do bosque galego como recurso de vida. Actualmente hai moitas empresas e propietarios de monte que viven do bosque autóctono e neste espazo recollemos algunhas destas iniciativas. Alibós, Asoporcel, Fruga e ORGACCMM relatan a súa experiencia co bosque galego como recurso a aproveitar.
16/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Do 1 ao 4 de xullo, a Universidade da Coruña impartirá o curso "Iniciativas de conservación ambiental e participacón social" que tentará trasladar os coñecementos básicos sobre este eido a estudantes universitarios e a todas aquelas persoas interesadas. O curso abordará contidos sobre as ferramentas máis habituais de conservación e aquelas máis novidosas das que pode botar man a propia cidadanía. Os estudantes da UDC recibirán 1 crédito de libre configuración pola asistencia a este curso.
13/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas máis actuais do que pasa no medio ambiente galego. Escoita o noso boletín informativo ambiental desta semana!
11/06/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Este domingo lanzouse a campaña "Cousa de Raíces" en defensa do bosque galego. Máis de 40 colectivos e entidades de diversos eidos (ecoloxista, empresarial, investigación, comunidades de montes, sindicatos, etc.) poñen a andar esta campaña que intentará aglutinar nun esforzo común o traballo de todos os colectivos do país que promovan e potencien as masas de árbores autóctonas. O obxectivo é deter a regresión das escasas masas de árbores autóctonas que quedan en Galiza, dar a coñecer a sociedade os motivos da necesidade de preservalas e facer ás galegas e galegos conscientes de todos os valores fundamentais e oportunidades que obstenta o noso bosque.