Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Recta final para concursar nos certames polo territorio de ADEGA

Ata o vindeiro 1 de novembro haberá prazo para presentarse á IV edición dos Concursos polo Territorio que convoca ADEGA e que inclúen certames de fotografía, relato e curtametraxes. Esta edición enmárcase no proxecto "Cultura e Territorio" que intenta promover os valores culturais relacionados co espazo no que nos desenvolvemos, dando a oportunidade á cidadanía galega a expresar a través da imaxe e da palabra a súa visión do territorio galego. Os certames están apoiados pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

10/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 10/10/14

Este espazo de Radio Cerna repasa a actualidade ambiental da última semana en Galiza. Entérate de que lle pasa ao noso medio natural!

08/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Recuperando charcas na Illa de Sálvora

ADEGA volve á carga na recuperación de charcas con vida. A través deste proxecto de educación ambiental achegará a unha ducia de voulntarios e voluntarias á Illa de Sálvora, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlántica para desenvolver unha serie de actividades relacionadas coa biodiversidade da zona. Neste espazo concretamos cales son.

06/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

O uso da madeira na construción. Oportunidade de futuro?

Non todas as madeiras de especies arbóreas autóctonas son válidas para a construción estrutural ou de vivendas, segundo o Código Técnico da Edificación. É curioso que ata o momento tan só 3 variedades de piñeiro e 1 de eucalipto estean recoñecidas para estes usos. A esta escasa lista de especies madeirables válidas para a construción súmase agora o castiñeiro. Pero, as demais árbores galegas teñen algunha opción para ser consideradas madeiras estruturais?

03/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 03/10/14

Convidámoste a repasar con nós a actualidade ambiental da última semana. Achégate a Radio Cerna!

01/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Compostela, capital das abellas esta fin de semana

A capital galega será a capital das abellas e da apicultura a vindeira fin de semana. A Asociación Galega de Apicultura xunto coa Asociación para o fomento dos congresos apícolas organiza para os días 3, 4 e 5 de outubro o VII Congreso Apícola hispánico cuxos temas xirarán arredor da multifuncionalidade da apicultura. Acudirán a este congresos especialistas de todo o mundo sobre o coidado das abellas, a súa saúde ambiental, as novas tecnoloxías ou técnicas de manexo de colmeas, produtores de unha grande diversidade de produtor derivados do traballo das abellas, etc. Ademais, haberá exposicións, concursos, obradoiros, etc.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal