Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

27/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Nace unha Rede europea contra o delito ambiental

Na UE vense de crear unha rede de avogados e xuristas contra os delitos ambientais. Impulsada por SEO/Birdlife, co apoio de fondos europeos, pretende afondar na análise do actual funcionamento do sistema xudicial con respecto á aplicación da Directiva do medio ambiente e contra os delitos ambientais. REDA está formada por letrados dos 28 estados membros que a partir de agora comezan a traballar conxuntamente. Neste espazo tamén saberemos a que se lle denomina “delito ambiental” desde o eido xurídico.

24/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 24/10/14

Repasamos a novas máis destacadas da actualidade ambiental de Galiza na última semana!

22/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

A cova de Eirós, en risco inminente!

ADEGA denunciou na Fiscalía os traballos que Cementos Cosmos está a realizar enriba do xacemento paleolítico, posiblemente, de maior importancia de Galiza. As obras que a canteira está a efectuar a poucos metros da cavidade poñen en perigo inminente a conservación das pinturas rupestres que nela se atopan, e que lle outorban ao xacemento a categoría de Ben de Interese Cultural. ADEGA esixe a paralización inmediata das obras e a adopción de medidas preventivas.

20/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Galiza, referente na formación sobre Bioconstrución

Nos últimos anos están a aparecer en Galiza varias propostas de formación profesional (polo de agora non regrada) en Bioconstrución. Unha das experiencias máis coñecidas é ao CIFP de Someso (A Coruña), da que falaremos neste espazo. A bioconstrución amósase, non só como alternativa ecolóxica na construción, tamén como alternativa de futuro para os profesionais da edificación.

17/10/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 17/10/14

Neste espazo Cerna repasamos as novas ambientais máis destacadas en Galiza nos últimos días.

15/10/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Rede Cidades que Camiñan, en Pontevedra

Camiñar pola cidade sen ter que sortear obstáculos e sentir a invasión dos vehículos a motor é posible. Concellos de todo o Estado que conforman a Rede "Cidades que Camiñan" reúnense mañá e pasado en Pontevedra para falar daquelas medidas que se poden adoptar nas políticas municipais para darlle prioridade ao peón e facilitar a vida colectiva no espazo urbano. Pontevedra é unha das cidades de referencia nesta Rede. Coñezámola!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal