Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A nidificación e poboación de gaivotas no Baixo Miño

ANABAM vén de realizar un estudo sobre a nidificación das gaivotas no Baixo Miño, co gallo de saber se a poboación de gaivotas aumentou na comarca, cales son os lugares de aniñamento, se a nidificación inflúe no incremento da poboación e que medidas se poden desenvolver para evitar o maltrato das aves que aniñan nos tellados dos núcleos urbanos.

05/12/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 05/12/14

Coñece as novas ambientais máis destacadas da última semana aquí en Radio Cerna!

03/12/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

San Sadurniño, pioneiro na recollida de lixo porta a porta

San Sadurniño será o primeiro concello galego en experimentar coa recollida de lixo porta a porta, coa colaboración de ADEGA. O obxectivo é conseguir recuperar o 80% do lixo dunhas 50 vivendas, fronte o 9,7% que consegue recuperar Sogama. A experiencia comezarase a desenvolver este mes, e se consegue os resultados agardados o concello prevé extender o sistema por todo o municipio.

01/12/2014   [00:10:00]   [5.72 MB]

As fragas de Catasós e a liña eléctrica de Fenosa

Gas Natural-Fenos e os veciños afectados pola liña de alta tensión que cruzaría unha das fragas de Catasós (Lalín) non dan chegado a acordo. Están en xogo 2.000 árbores que se virían abaixo de manterse o trazado proposto por Fenosa. A plataforma que se opón a esta salvaxe deforestación, Salvemos Catasós, pide que se soterre a liña eléctrica e que Fenosa non comece os traballos ata que non se chegue a un acordo.

28/11/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/11/14

Escoita este espazo informativo no que se resumen as novas de actualidade da última semana relativas ao ambiente e á ecoloxía de Galiza.

26/11/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Unha gasolineira ameaza o río Miño en Lugo

O centro comercial Carrefour, instalado desde os anos 90 a escasos 25 metros da bacía, está a realizar obras para a construción dunha gasolineira ás beiras do río Miño. O proxecto conta xa co aval do concello, da Xunta e da confederación hidrográfica Miño-sil; sen embargo, situar unha gasolineira a escasos metros do río non parece unha idea moi sensata segundo varios colectivos que integran a plataforma miño si, gasolineira non. Neste espazo coñeceremos cal pode ser o impacto ambiental do proxecto en execución.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal