07/11/2024 [10:00:00] [7.09 MB]
Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remate este ano. Isto e máis, en Radio Cerna!
31/10/2024 [10:00:00] [7.15 MB]
A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!
24/10/2024 [10:00:00] [7.12 MB]
O Partido Popular de Galiza rexeita a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e o marisqueo tradicionais. Tamén no Parlamento, esta semana aprobouse a Lei de Recursos Naturais de Galiza, a primeira norma da lexislatura. En materia eólica, a organización ecoloxista ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II, no concello de Mazaricos; e ademais, o Tribunal Supremo avala unha paralización cautelar dun parque eólico decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Viaxamos ao corazón de Galiza grazas ao descubrimento de novas galerías na cova da Sima de Aradelas, no Courel. Isto e máis, en Radio Cerna!
17/10/2024 [10:00:00] [7.00 MB]
A organización ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo. No mar, a Xunta prevé que en 2025 se autoricen en Galiza 5 proxectos de eólica mariña. En materia de turismo, Sanxenxo multiplica por 7,5 as persoas residentes durante o verán e un estudo alerta dos impactos ambientais desta situación. As rías galegas sofren o efecto deste turismo masivo e do cambio climático. Doutra banda, a educación ambiental chega á rapazada lucense da man de ADEGA e do programa de Medio Rural da Deputación de Lugo, Da Escola á Granxa. Isto e máis, en Radio Cerna!
10/10/2024 [10:00:00] [7.11 MB]
A Xunta de Galiza inicia unha campaña para silenciar milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri, e o presidente Rueda procura desacreditar as alegacións ao proxecto dicindo que a maioría son copias. A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, co apoio doutras asociacións e colectivos galegos, convocan unha nova gran mobilización contra Altri o 15 de decembro. Unha investigación da USC demostra a presenza no territorio que pretende ocupar o complexo industrial de 4 especies botánicas ameazadas. En materia eólica, o TSXG tomba de forma cautelar o macroproxecto eólico de Vila de Cruces a instancias de ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
03/10/2024 [] [7.15 MB]
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Natural. Máis de 800 persoas voluntarias ao longo de toda Galiza recolleron este pasado domingo case 8 toneladas de lixo no marco da Limpeza Simultánea de Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!