Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

07/03/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Xornadas de protección animal e medio ambiente

Unha asociación estudantil de Lugo, formada por alumnos e alumnas de Veterinaria, organizan por primeira vez unhas xornadas de protección animal e medio ambiente para esta fin de semana.  Neste espazo coñeceremos as temáticas a tratar nestas xornadas, os seus obxectivos e quen van ser os relatores/as.

06/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O mexillón pigmeo negro esténdese polas rías galegas

Este mexillón de Nova Zelanda descubriuse hai poucos anos nas rías do sur de Galiza, pero estase a estender xa ás rías medias. Constitúe unha seria ameaza para o sector mexiloeiro e imos saber porqué neste programa coa axuda do biólogo mariño, Alexandre García.

05/03/2013   []   [5.74 MB]

Alimentos ou minaría?

Esta é a pregunta á que debe responder a Xunta diante dos proxectos mineiros que solicitan a explotación de terras de Galiza eminentemente produtivas en alimentos. As dúas actividades na mesma terra son incompatibles, por iso, da decisión que tome a Xunta, vai depender o futuro de zonas agrarias como A Limia ou a Terra Chá. Escoitamos a análise que fai desta dicotomía o Sindicato Labrego Galego.

04/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A mina de feldespato de Xinzo, unha ameaza para a Limia

Os proxectos da minaría emerxente non son os únicos que constitúen a nova era do sector en Galiza. Outros proxectos extractivos de minerais máis comúns están a constituírse como ameaza de zonas agrogandeiras de Galiza tremendamente produtivas. É o caso da Limia, que agora se enfronta aos intereses dunha empresa castellonense que pretende explotar feldespato na zona onde se produce o 90% da pataca con indicación xeográfica de Galiza.

01/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/03/13

Escoita neste espazo Cerna cales foron as noticiais do eido ambiental galego máis relevantes da última semana. En 10 minutos contámoschas todas!

28/02/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lexislación ambiental: proxecto industrial estratéxico

Algunhas empresas solicitan que o seu proxecto industrial sexa considerado estratéxico. Isto ofrece unha serie de vantaxes á promotora en termos de tramitacións, subvencións e preferencia sobre outros usos. A este modelos de proxecto quérense acoller algúns dos últimos proxectos mineiros que se están a tramitar en Galiza. Hoxe coñecemos coa profesora en dereito ambiental o que implica que un destes proxectos sexa declarado estratéxico para o país.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal