Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

06/02/2013   [00:10:02]   [5.74 MB]

Indemares: a Rede Natura do mar

Indemares é o proxecto máis ambicioso do Estado no estudo de áreas mariñas a protexer pola Unión Europea. Trata de identificar as áreas máis sensibles e interesantes dos nosos mares para que sexan declarados como Rede Natura. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto que rematará no presente ano.

05/02/2013   [00:10:02]   [5.75 MB]

A extinción da Educación ambiental en Galiza

A educación ambiental en Galiza vive as súas horas máis baixas. A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) analiza o estado da cuestión de xeito negativo, pero quere imprimir esperanza e seguir loitando para que no futuro este ámbito educativo da sociedade volva adquirir importancia.

04/02/2013   [00:10:01]   [5.74 MB]

O 1º xuízo penal por permitir unha piscifactoría en Rede Natura

Logo de 8 anos desde que Fraga autorizase a piscifactoría de Acuinor en Rinlo, e logo de 4 anos desde que a granxa de Ramón Álvarez Cascos fose declarada ilegal e o tribunal lle dese a razón a ADEGA, celébrase o primeiro xuízo penal en Galiza contra un funcionario da Xunta por asinar un informe ambiental favorable a esta instalación dentro dun espazo de Rede Natura. Neste caso, ADEGA tamén exerceu de acusación particular. A Fiscalía solicita 4 anos de prisión e 12 anos de inhabilitación para o imputado.

01/02/2013   []   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/02/13

Un día maís recollemos neste espazo aquelas novas da semana máis destacadas no eido ambiental galego.

31/01/2013   [00:10:02]   [5.74 MB]

Charcas con Vida, novo programa de voluntariado de ADEGA

Este sábado, ADEGA presenta en Pontevedra o seu novo programa de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" e faino nunhas xornadas dedicadas á conservación dos humidais, coincidindo co Día mundial destes ecosistemas húmidos.

30/01/2013   [00:10:01]   [5.74 MB]

A Serra Faladora xa ten quen fale dela

Na metade norte de Galiza constitúese a Asociación Nordés para defender os valores ambientais, patrimoniais, culturais que poidan poñer en valor o territorio que ocupa a chamada Serra Faladora. Queres saber cales son eses valores?

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal