27/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasamos as novas da semana no ámbito ambiental galego. Coñece o que pasou co teu ambiente nos últimos días en tan só 10 minutos...
26/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Este sábado, ADEGA celebra a II Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país e coa defensa ambiental de Galiza. A figura homenaxeada será Leopoldo López Rego, home entregado á defensa dos intereses da colectividade fronte os abusos dos poderosos, tamén no eido ambiental. Hoxe en Radio Cerna coñecemos cal foi a implicación de López Rego na loita ambientalista galega.
25/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Achegar aos rapaces e as rapazas do rural ao seu medio máis próximo para coñecelo de primeira man foi o obxectivo desta Viaxe emocional á porta dos Ancares impulsada por un grupo de persoas comprometidas coa tradición, a cultura e o medio ambiente galego. Hoxe coñecemos esta experiencia que promete ser a primeira de moitas outras.
24/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O Proxecto Ríos de voluntariado ambiental en ríos de ADEGA vén de comezar a súa campaña de outono. Esta fin de semana comeza as súas actividades de formación e voluntariado. O sábado terá lugar o curso de formación de voluntarios e o domingo realizarase a limpeza simultánea dos ríos galego. Pero isto non é todo, escoita!
23/09/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Preto de 2.500 hectáreas queimadas, nas que se atopaban dúas especies singulares e 50 especies protexidas, alén dos danos económicos. Foi o pero lume do que vai de ano e tivo lugar nun espazo protexido como Rede Natura e proposto a Parque Natural polos colectivos sociais. A esperanza do Pindo é rexurdir canto antes, mais para iso precisa de axuda. Falamos co presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
20/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo daremos conta das novas ambientais que máis destacaron na última semana en Galiza, semana da mobilidade.