07/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Existen ideas empresariais que se desenvolven no rural ou a través do rural e que son innovadoras. Concentralas todas nun mesmo foro de reflexión, debate, e traballo é o obxectivo dos "Estruming days", xornadas técnicas nas que intercambiar experiencias, establecer contactos e nutrirse do coñecemento dos demais. Unha das súas organizadoras, Desirée Vidal, valora a primeira sesión dos Estruming days e cóntanos que temas se van tratar nas seguintes.
04/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas dos últimos días no eido medioambiental galego, e tamén as iniciativas en defensa da terra que se propoñen esta fin de semana.
03/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O CEIDA ou Centro de Extentensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia presenta o seu programa para o curso 2013-2014. Rutas, exposicións e actividades con nenos e nenas ao aire libre, son algunhas das súas propostas.
02/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Non é só un medio de transporte ecolóxico, tamén é un medio de vida. A bicicleta é a materia prima de varias iniciativas empresarias galegas, das que hoxe coñecemos dúas. Cyclowood, dedicados á fabricación de bicis exclusivas de madeira, e Velaivai, que promove o servizo de reparto e mensaxería usando o pedal.
01/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Xa superamos o pico ou teito do petróleo (peak oil) e ninguén nos está a advertir de como superar a escaseza de petróleo. É urxente tomar medidas para que o colapso enerxético non sexa inasumiblemente drástico. Por iso a Asociación Véspera de Nada está traballando desde hai anos nunha "Guía para o descenso enerxético" que agora quere publicar e distribuír. Está a pedir apoios a través da plataforma Verkami de crowdfunding online.
30/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O sindicato Comisións Obreiras publica un informe no que dá analiza os lumes dos últimos 23 anos en Galiza, para dar conta do que supoñen para a perda de erritorio e para a nosa economía. Os datos son reveladores...