ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / A ría de Ferrol, espazo-lixo para recheos,...

26-08-2013

A ría de Ferrol, espazo-lixo para recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering"

Dase o paradoxo de que mentres o governo de Rajoy rexeita estas prácticas por parte de Xibraltar e endurece os controis na baía de Alxeciras, na Galiza, na ría de Ferrol pretende autorizalas ás caladas co silenzo cómplice da Xunta. Está visto que hai colonias e colonias... Comunicado conxunto de ADEGA, Verdegaia e a SGHN:

ADEGA, Verdegaia e a SGHN fican sorprendidas ante a incongruencia do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente co “Bunkering”. As tres organizacións ecoloxistas non son capaces de entender como o ministerio que dirixe Miguel Arias Cañete aumenta a vixilancia sobre esta actividade na bahía de Alxeciras mentres que autoriza a posta en marcha dun sistema semellante na ría de Ferrol.
As recentes declaración do ministro Arias Cañete, anunciando o endurecemento das sancións sobre o bunkering na bahía de Alxeciras, parecen non atender a unha cuestión puramente medioambiental, xa que este mesmo ministerio consinte a posta en marcha desa mesma actividade económica na ría de Ferrol.
Dende o punto de vista das organizacións ecoloxistas máis importantes de Galiza, unha actividade industrial como o bunkering, debería estar vixiada e sometida a unha rigorosa regulación. Xa que como en todos os transvases de mercadorías, existe risco de que estas mercadorías sexan vertidas ao mar. Aínda máis, cando se trata de mercadorías perigosas como o fuel, cuxo negativo impacto sobre o medio mariño está sobradamente documentando.
As tres organizacións ecoloxistas coinciden en afirmar que non é tolerable que esta actividade se realizase na ría de Ares, posto que é a mellor conservada das rías do golfo ártabro. A ría de Ares aínda que incomprensiblemente non ten  ningunha figura de protección medioambiental mantén certos valores naturais, e existe nela unha gran actividade marisqueira.
Estas organizacións ecoloxistas queren tamén recordar que na ría de Ferrol viven dúas especies incluídas dentro do catálogo galego de especies ameazadas, o ourizo Echinus esculentus e a gorgonia Eunicella verrucosa, razón pola cal, parte desta ría está incluída na Rede Natura 2000.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal