Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 82 - Emerxencia...
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 5-8
Neste artigo faise un breve repaso á historia da mina de lignito e da central térmica de As Pontes, para logo entrar na débeda histórica, despois de anunciar Endesa a finais do 2019 unha solicitude de peche da central. Analízase a débeda por ocupación de terreo, destruciónde aldeas e desprazamento da poboación, por ocultar e facer desaparecer fósiles atopados na mina, polas altas emisións e pola contaminación xerada ano tras ano por vertidos, consumo de auga, entre outros factores.
Páx. 9-12
A economía circular preséntase como un sistema de produción-consumo que pretende dar resposta á crítica situación ambiental actual que, asociada a procesos antropoxénicos, poñen en risco a sustentabilidade das sociedades humanas. Neste artigo realízase unha diagnose sobre o concepto de economía circular cunha mirada posta na realidade galega e nalgunhas das posibles vías de actuación por parte dos diferentes actores sociais. O marco teórico empregado é un resumo do traballo recentemente publicado no Journal of Cleaner Production (Suárez-Eiroa et al., 2019).
Páx. 13-16
A última onda ecoloxista iniciouse o ano pasado á raíz dun discurso de Greta Thunberg na COP24, en Katowice, Polonia. Ese discurso conseguiu artellar un movemento autónomo en multitude de cidades do mundo. Esta rapaza de 16 anos, levaba xa meses reivindicandoque non servía para moito estudar se non ía ter un futuro, facendo folga cada venres diante do Parlamento do seu país. Así comezou a aparecer nos medios de comunicación e a estenderse o seu discurso a máis de 190 países, conseguindo emerxer un movemento quesegue a medrar na actualidade e que tamén chegou a Galicia: Fridays For Future.
Páx. 17-19
Do día 2 ao día 13 de decembro, tivo lugar o Cumio polo Clima en Madrid, concretamente no IFEMA. A COP25, prevista para Chile, foi trasladada á capital do Estado español por mor da inseguridade xerada no país chileno tras os últimos disturbios. Héctor Santorum, coautordeste artigo, foi un dos compañeiros de Fridays For Future Galicia, de Vigo, que tiña acreditación no evento. No mesmo, tivo a oportunidade de falar con numerosos compañeiros e compañeiras do movemento, a nivel estatal e internacional. Como observadores, comoactivistas, como xuventude, o propósito de FFF era influír nos acordos que se levasen a cabo e aprender. Este é o seu relato do evento.
Páx. 20-22
Na actualidade, en Galicia hai unha maior superficie de plantacións de eucalipto que de bosques autóctonos. Por iso, como parte dunha tese doutoral, comparouse a riqueza, abundancia e composición de especies de plantas e aves en 14 pares de parches de bosque autóctono e eucaliptais. Observouse unha riqueza de especies de ambos os dous grupos menor nos eucaliptais. Así mesmo, a abundancia de avesen eucaliptais viuse enormemente reducida. As especies tipicamente forestais, tanto de aves como de plantas, son as máis afectadas. Mentres ditas plantacións sigan aumentando e os bosques autóctonos non se conserven, a biodiversidade galega continuará a perderse.