Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 63 - Galiza:...
Páx. 9
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 10 - 11
Este verán, unha vez máis, a contaminación da auga do río Umia por cianobacterias do xénero Microcystisten obrigado ás autoridades municipais de Caldas de Reis a interromper o subministro de auga potábel desde a captación de Segade. Desde 2006 este feito vense repetindo cada ano, de xeito que parte da poboación do Salnés ten que ser abastecida por medio de camións cisterna de auga procedente dos depósitos da ETAP de Vilagarcía. Este ano, a proliferación da cianobacteria foi espe-cialmente impactante. A súa extraordinaria explosión faise visíbel no espesor da lámina verde intenso de microalgas que cobrea superficie do encoro de Baxe e no cheiro que desprende. A falla de garantías sobre a completa salubridade das augas que discorren abaixo do encoro para o abastecemento da poboación reactiva a denuncia social que reclama, dunha vez por todas,a liberación das augas da presa e, por tanto, o derrubo do encoro, hoxe destinado exclusivamente á produción hidroeléctrica.
Páx. 12 - 14
En outubro de 2010 produciuse un vertido de 800.000 toneladas de lodos vermellos, que escaparon dunha balsa e causaron numerosos danos persoais, a morte de nove persoas e máis de 200 feridos, e a destrución de hábitats próximos. A mala xestión que fixo a empresa de aluminios instalada en Hungría é a mesma que fai alumina aluminio na súa fábrica de Alcoa situada no norte da provincia de Lugo. Así, ponse de manifesto o perigo que supón para os galegos as súas instalacións e o sinxelo que sería evitalo se a propia empresa tivera un interese real polo ambiente, máis se a lexislación non lles obriga o máis probable é que este desastre volva ser noticia en calquera punto de Europa proximamente.
Páx. 16 - 19
Dende os comezos da etapa franquista o medio galego viuse transformado, pasando de ser un recurso sustentable que abastecía de alimentos as persoas do entorno, a partir deste intre comezouse a ver outras posibilidades no aproveitamento dos recursos galegos, fundamentalmente encoros para producir electricidade e os montes para producir pasta de papel con plantacións de especies de rápido crecemento. Todas estas accións sempre se realizaron pola forza das autoridades policiais o servizo do Estado e enfrontando a poboación local, e xa é hora de que na Galiza se produza un cambio, que permita a real ordenación do territorio, fomentada polas persoas que habitan neste entorno e que persiga un desenvolvemento sostible, que sempre será un beneficio para os seus habitantes.
Páx. 20 - 21
Recorda o profesor Tomás Ramón Fernández, na súa xa clásica obra Manual de Dereito urbanístico, unha cita do libro branco inglés Land, cal é o quicio do fenómeno urbanístico como feito de relevancia social e económica. Sen reproducila na súa integridade, chega a referencia á súa primeira frase: “de todos os recursos materiais dos que se pode dispoñer nestas illas, o solo é o único que non se pode incrementar”. Evidentemente, a afirmación é esaxerada, mais non por iso deixa de ser certa. O urbanismo no Estado español ten tornado nun problema nos tempos modernos, a partir da época do “desarrollismo” económico, un problema ao que non somos alleos na Galiza e que, coma se fose unha árbore perversa, veu desenvolvendo ramificacións diversas, mesmo penais. E na base do problema está a concepción do solo como un produto susceptíbel de ser transformado sen outros condicionamentos que a definición dun proceso pouco menos que industrial. Pretendemos neste breve escrito reflexionar acerca do tremendo erro que tal entendemento supón e sobre as súas gravísimas consecuencias.
Páx. 22
Ante as novas Directrices de Ordenación do Territorio que vai presentar a Xunta, procúranse algúns cambios para evitar que esta nova DOT permita como ten previsto unha “flexibilización” da lei de solo, desmantelar o chan rústico protexido, anmistías e convenios urbanísticos e a desconstrución da cativa rede de espazos naturais.