Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 58 - Crónica: O...
Páx. 11
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 12
ADEGA demanda que na nova lexislatura se consoliden os avances en materia medioambiental, e que o PP non volva cometer os erros do pasado. Nesta liña demandase que se amplíe a rede de espazos protexidos, que se troque progresivamente a obtención de enerxía de orixe fósil pola de orixe renovable, se tomen medidas para reducir os residuos e se fomenten usos responsables da auga e os ríos
Páx. 13
Nesta entrevista a presidenta de ADEGA fai balance do que supuxeron os catro anos do goberno bipartito coas influencias que tivo ADEGA no mesmo, e anuncia que actuarán activamente na nova lexislatura na que volve gobernar o PP, partido que nos seus anteriores 16 anos de goberno non demostrou ningunha sensibilidade ambiental.
Páx. 14 - 15
O Estado español ten entre 3 e 5 millóns de vivendas baleiras. A pesares diso nos últimos anos duplicouse o número de vivendas construídas, pasaron de ser 10 a 20 millóns. Son os datos que ilustran o descontrol e a devastación do urbanismo e dos que se fixo eco o Parlamento Europeo para criticar por primeira vez na historia o delirio urbanístico do territorio español no seu conxunto. Tras recibir máis de 20.000 denuncias de particulares e asociacións españolas na Comisión de Peticións sobre uns 180 proxectos urbanísticos insostíbeis e prexudiciais para o interese xeral dos cidadáns, a parlamentaria danesa polos Verdes, Margrete Auken, abandeira un informe no que rexeita a caótica situación e insta ás autoridades públicas a reconducir a súa actitude e a actuar con responsabilidade.
Páx. 16 - 19
Nesta entrevista Carlos Toibo fai unha análise da actual situación de crise e o futuro que se nos aveciña se non poñemos fin o imperialismo. Se os países occidentais non decrecen, e dicir, perden parte dos privilexios que lograron pola explotación dos países pobres, é imposible solucionar os problemas ambientais. Tanto a UE e os USA non están facendo nada polo medio ambiente, se lles preocupase realmente deixarían de obsesionarse co crecemento baseado nas industrias das armas, enerxéticas e automobilísticas.
Páx. 21 - 24
Os impactos medio ambientais e sanitarios que está a xerar o consumo desmesurado de combustíbeis fósiles, sobre todo por mor do transporte, son coñecidos pola meirande parte da poboación. Nas cidades, se cabe, o problema é máis visíbel. Nelas asistimos a miúdo á aglomeración de tráfico de vehículos a motor, impedindo en boa medida a mobilidade urbana a través doutros medios de transporte como a bicicleta ou mesmo a pé, relegados a un segundo ou terceiro lugar. Este feito choca coa manifesta necesidade das cidades actuais de volvérense máis habitábeis e humanizadas, nas que os cidadáns recuperen protagonismo fronte ás infraestruturas e os automóbeis e decidan como han de desprazarse por elas. Porén, nos últimos anos estase a constatar en todo o Estado español un incremento lento pero constante do uso da bicicleta. Están a aparecer movementos cidadáns espontáneos que reivindican o respecto aos cicloturistas nas cidades, como as "masas críticas", e comézase a premiar con subvencións a aqueles municipios que desenvolven plans de mobilidade nos que se prioricen ao peón e á bicicleta. Unha das respostas locais a esta crecente demanda social de espazos urbanos máis limpos, cómodos e fáciles de transitar sonos servizos municipais de préstamo ou aluguer de bicicletas que, actualmente, están a funcionar nunhas 30 cidades do Estado, das que 5 son galegas.