Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 84 - Eólica...
Páx. 32-33
Sabiamos que máis tarde ou máis cedo ía acontecer. Unha pandemia era previsible. Non é a primeira nin tampouco será a última. Boa parte dos dirixentes mundiais decidiron mirar para outro lado. Entramos nunha negación colectiva da realidade. Non hai peor cego que o que non quere ver. Tiña que chegar. Chegou. E deixou a humanidade de xeonllos, estupefacta. Pero non dicían que só ían ser uns poucos casos? O déjà vu do Prestige reaparece. “Non hai marea negra, só manchas dispersas…”
Páx. 34
A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) é a empresa xestora das fraccións resto e envases lixeiros da maior parte dos concellos galegos. Segundo informa a propia empresa, a pandemia e o confinamento provocaron cambios no tipo e volume de residuos recollidos pola súa parte, que tamén colaborou no proceso de recollida, traslado e tratamento do refugallo de baixo risco procedente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), cuxo destino foi a planta incineradora de Cerceda.
Páx. 35-37
Cando en marzo de 2020 foi declarado o estado de alarma no estado español, a primeira reacción nesta Deputación de Pontevedra foi a de pechar todos os centros de compostaxe comunitaria (CCC) baixo control directo do REVITALIZA. Afortunadamente, tras esa primeira reacción consecuencia dun comprensíbel pánico inicial, axiña retornou o sentido común. O retorno ao pragmatismo veu a reafirmar que os CCC, como centros de xestión local de residuos, son un “servizo esencial”. Tamén os COIN (composteiros individuais), difíciles estes para un peche decretado ao se atopar na privacidade das vivendas.
Páx. 38-39
Con motivo da situación de emerxencia de saúde pública provocada pola COVID-19, o Ministerio de Sanidade ditou instrucións sobre a xestión dos residuos domésticos, tanto para o seu manexo domiciliario en fogares con pacientes afectados, como para a súa xestión posterior. No Complexo Medioambiental do Barbanza aplicamos as directivas e obtivemos os resultados que expoñemos.
Páx. 40-41
Animar à cidadania do mundo a registar as suas observaçons na natureza num sistema público e doado de utilizar, mantendo-o actualizado e seguro para as generaçons futuras”. Este é o lema de Observation.org, umha plataforma para recolher observaçons de seres vivos em todo o planeta.