CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 46-47
A Casa das Insuas é un edificio histórico, de grande tamaño e cun elevado potencial para a realización de actividades de educación ambiental. A Casa das Insuas nace coa vocación de crear un t ecido asociativo e acadar a colaboración estreita entre un grupo de entidades naturalistas galegas. Deste modo, aínda que a xestión é levada a cabo pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, outras asociacións tamén colaboran nesta tarefa mediante a organización dun elevado número de eventos. Á marxe da asociación, a Casa das Insuas ten unha ampla presenza na rede. Conta cun blog propio (www.casadasinsuas.org) onde se informa do seu programa de actividades e as novidades relacionadas con este Centro de Estudo e Conservación da Natureza, e, máis recentemente, tamén se habilitou un espazo en Facebook con información puntual das súas actividades.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 48
A limoeira é a bolboreta Gonepterix rhamni coñecida pola súa cor, que tan ben define o seu nome común. Os dous xéneros son averdugados, sendo o macho o que realmente é de cor amarela-limón, mentres que a femia é moito máis clariña, tirando a brancoverdosa. A época de voo vai desde mediados do verán até a primavera seguinte, é dicir, no inverno xa que os líquidos corporais, mestura de auga, sales e proteínas, anticonxelantes naturais, permítenlle resistir o frío sen especial protección.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 49
O solsticio de verán, data máxica para uns, é a época na que florece esta planta, período máis indicado ademais para recollela e convertela nun dos ingredientes da famosa auga d e San Xoán. É coñecida entón por case todo o mundo como herba de San Xoán. Esta é unha das plantas mais coñecidas dentro da mediciña tradicional, usandose para moitos males como o insomnio, problemas dixestivos ou renais ou nas feridas, utilizandose coma unha “mercromina” natural.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 9
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinteenderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 10-11
O 18 de xullo de 2003, o Consello da Xunta de Galiza, presidido daquela por Fraga Iribarne, acordaba declarar de interese supramunicipal a fábrica de papel tisú que a empresa ENCE pretendía instalar nos terreos de dominio público marítimo-terrestre que ocupa en Lourizán. O Goberno galego trataba de evitar así a oposición aberta do concello pontevedrés á posta en marcha do proxecto, o cal suporía a consolidación de ENCE na Ría. Agora, o Tribunal Supremo vén de ditar resolución que estima en parte os argumentos utilizados por APDR no seu recurso, decisión que é o verdadeiro obxecto deste artigo e que debería ter unha importante repercusión para o futuro de ENCE na nosa Ría.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 12-13
Hai máis de 12 anos toda a Ría de Arousa “levantouse” contra a instalación dos Depósitos de Hidrocarburos de Ferrazo (DHF) no porto de Vilagarcía de Arousa, promovidos polas empresas FINSA e FORESA. Moitas foron as voces que protestaron pola irracionalidade da localización de semellantes instalacións (81.700 m3) no fondo da ría máis rica de Galiza, condenándoa a un tráfico de mercadorías perigosas do que xa temos longa e negra experiencia. En abril de 2006, a sentenza do TSXG ratifica o recurso da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) contra as resolucións da Consellería de Industria, que autorizaban os DHF, e acorda anular as devanditas resolucións.