Inicio / Números anteriores / Educación ambiental e Xeoloxía: unha alianza na defensa do...
CERNA Nº 95 - O océano, chave para frear o cambio climático
Páx. 51
A educación ambiental constitúe unha ferramenta fundamental para facer fronte aos grandes desafíos socioambientais do século XXI. O coñecemento do medio natural e das problemáticas ambientais é un dos principais obxectivos da educación ambiental, a cal procura formar unha cidadanía crítica, responsable e comprometida coa defensa do medio ambiente. Porén, en moitos enfoques de proxectos e actividades de educación ambiental, a xeoloxía ocupa un papel secundario. Este artigo procura poñer en valor a xeodiversidade que forma parte do patrimonio natural co fin de incluír as xeociencias dentro das actividades de educación ambiental.