Inicio / Recuperando charcas antigas no Bierzo
16/10/2013
Esta fin de semana, o proxecto Charcas con Vida de ADEGA trasladarase á veciña comarca do Bierzo. O obxectivo será recuperar charcas contruídas polo home que, ao longo do tempo, fóronse convertindo en refuxio de moita biodiversidade, e que hoxe en día están colmatadas. Devolver a vida a esas charcas é o reto.