11/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Voluntarios e voluntarias desprazaranse con ADEGA ás praias de Porto do Son e Pobra do Caramiñal, os vindeiros 18 e 23 de xullo para eliminar flora exótica das dunas. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Conservando as nosas dunas" que, entre outros obxectivos, busca mellorar as condicións de hábitat da píllara das dunas.
10/07/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
A Xunta propón un plan para a conservación da píllara das dunas, unha ave recollida no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de vulnerable. Pese a que o planeamento é de obrigado cumprimento e necesario, segundo os ecoloxistas, estes consideran que é moi mellorable, xa que non ofrece garantías para a recuperación da especie nas dunas galegas.
09/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha Tese doutoral ofrece relevantes datos sobre a relación presa-depredador do poni ou cabalo salvaxe e o lobo en Galiza. É o primeiro traballo que afonda na ecoloxía do garrano e que analiza a súa situación actual. O garrano ou cabalo salvaxe galego é único no mundo e, sen embargo, a súa poboación está a esmorecer de xeito continuado e acelerado. Neste programa escoitamos as explicacións da súa autora, Laura Lagos.
08/07/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
Un informe patrocinado pola Fundación Mapfre e elaborado polo equipo de pedagoxía e educación ambiental da USC revela que a sociedade española está preocupada polo cambio climático, maioritariamente, pero non lle outorga a relevancia que ten nin sabe que se pode facer para frealo. Falamos co director do estudo.
05/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Se queres coñecer as novas máis destacadas na última semana no eido ambiental galego, escoita este programa!
04/07/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
A multinacional dos transxénicos Monsanto anuncia a súa retirada daqueles países europeos que se rexeitan o cultivo de produtos modificados xeneticamente. Porén, consolidará a súa produción e España e Portugal, os dous países da UE con gobernos máis proclives a este tipo de cultivos. O colectivo Greenpeace afonda nas consecuencias desta decisión de Monsanto.