Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

01/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/12/17

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, escoita este espazo. Só tardarás en coñecela 10 minutos!

29/11/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Viaxe a Bruxelas para denunciar a destrución do patrimonio pola industria do eucalipto

Uns 18 colectivos galegos viaxarán a vindeira semana a Bruxelas para denunciar ante o Parlamento europeo a destrución do patrimonio arqueolóxico por mor da industria do eucalipto. A delegación galega está convidada pola europarlamentaria Lidia Senra aproveitando que o vindeiro ano 2018 se pretende declarar pola UE como Ano do Patrimonio Cultural. Un dos colectivos convidados é Mariña Patrimonio, que apunta responsabilidades contra ENCE e a Xunta de Galiza.

27/11/2017   [00:10:00]   [9.21 MB]

A "Grande Aceleración", segundo Jorge Riechmann

"O Antropoceno e a Grande Aceleración" titulouse unha xornada de reflexión convocada polo Consello da Cultura Galega o pasado xoves para debater sobre o momento no que nos atopamos a nivel ecolóxico e sobre os retos de futuro aos que nos enfrontamos. Un dos convidados a esta xornada foi o filósofo e sociólogo Jorge Riechmann, autor de varios libros dedicados á limitación dos recursos naturais, os impactos dos seres humanos no Planeta, e a necesidade dun cambio de sistema económico-social. Entrevistamos a Riechmann en Radio Cerna.

24/11/2017   [00:10:00]   [9.18 MB]

Boletín informativo ambiental 24/11/17

No espazo de hoxe repasamos a actualidade ambiental da última semana en Galiza. Anímate a coñecela.

22/11/2017   [00:10:00]   [9.19 MB]

A reapertura da mina de San Fins baixo lupa nos xulgados

Unha das antigas minas que se pretenden reabrir en Galiza é a de San Finx en Lousame. Para poder explotar de novo, Sacyr debe conquerir o permiso de Augas de Galicia para poder verter ao rego San Fins preto de 1 millón de m3 de augas mineiras que se concentran nas vellas balsas. Pero agora a Fiscalía de Medio Ambiente traslada dilixencias ao xulgado para que este investigue se houbo un posible delicto penal na autorización da súa reapertura, á raíz da denuncia de colectivos sociais e ecoloxistas que sinalan que a mina xa está a verter augas ácidas e contaminadas ao rego San Fins, podendo estar prexudicando xa mananciais e a ría de Noia.

20/11/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

A mina de Touro-O Pino atópase de fronte co rexeitamento veciñal

Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 Ha entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a nivel ambiental, sanitario, social e económico. Rubén Souto, membro da plataforma Mina NON lembra que os veciños aínda están sufrindo os efectos da antiga mina, que pechou en 1986.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal