08/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A apicultura urbana xa é unha práctica nas grandes cidades europeas e en Estados Unidos. No obstante, en Galiza e no resto do Estado español atópase cunha normativa restritiva que impide o seu desenvolvemento. A pesar do problema legal, están a xorder pequenas iniciativas nalgúns concellos galegos, impulsadas pola Asociación galega de apicultores, que buscan promover a apicultura nos ámbitos urbanos.
05/09/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste boletín informativo repasamos a actualidade ambiental en Galiza, acontecida nos últimos días. Infórmate de que pasa na túa contorna!
03/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Aproveitar a enerxía xeotérmica para a súa transformación en electricidade é unha oportunidade de futuro en Galiza que agora está en fase de estudo. Así se extrae dunha investigación da Univesidade de Valladolid na que se mediu o potencial xeotérmico de toda a Península a niveis subterráneos profundos e sen a presenza de auga. Sen embargo, as tecnoloxías existentes para este tipo de aproveitamentos son inmaduras e impactantes, chegando a compararse coas técnicas do fracking para a obtención de gas. Consultámoslle ao coordinador deste estudo.
01/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
En Galiza estase a desenvolver un proxecto Life destinado á conservación da flora e fauna que se desenvolve en ecosistemas húmidos continentais. O coñecido como Life Tremedal xa respaldou diversas actuacións de conservación en 3 humidais galegos que pretenden converterse nun referente en materia de protección da biodiversidade e que coñeceremos con Marco Rubido, técnico do Ibader.
01/08/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo Cerna ofrecémosche as novas máis destacadas da semana no eido ambiental. Voltamos de hoxe nun mes con contidos actualizados. Feliz verán!
30/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A información que nos dan os organismos públicos sobre o número e a incidencia dos lumes forestais é incompleta, está fracturada e non ofrece unha visión de conxunto sobre a problemática dos incendios. Fronte as eivas na transparencia deste tipo de información pública nace o proxecto "España en llamas" liderado polo galego Juan Elosua e a Fundación Cidadá Civio. Con esta iniciativa ponse a disposición do público xeral unha ferramenta web que permite consultar datos sobre os incendios forestais da última década, ata agora nos caixóns do Ministerio de Medio ambiente.