Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/12/2016   [00:10:00]   [5.76 MB]

Avances cara a abolición da tauromaquia e dos circos con animais en Galiza

2016 foi un ano de avances en materia de protección animal. Existe un novo proxecto de lei do benestar animal, xa hai 20 concellos galegos contrarios á celebración de espectáculos taurinos e 59 concellos galegos que se declaran libres de cirscos con animais. Segundo datos do Ministerio de Cultura, as touradas en Galiza reducíronse á metade desde o ano pasado e a porcentaxe de público asistente só é do 0,3%. Os colectivos animalistas albiscan para 2017 a abolición total das touradas en territorio galego.

02/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/12/16

Acompáñanos neste repaso á actualidade ambiental do país. Como cada venres, facemos un percorrido polas novas ambientais máis destacadas da semana en Galiza.

30/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Axuge: novo instrumento de defensa ambiental do Xurés

Hai pouco máis dun ano nacía a Asociación medioambiental de xuresianos-geresianos AXUGE. Unha organización conformada fundamentalmente por persoas nacidas e veciñas da Serra do Xurés, declarada Parque Natural. Neste espazo, coñecemos cales son os seus obxectivos e as súas propostas de actividade neste emblemático lugar de Galiza.

28/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

As mulleres de Os Hórreos: cultivo ecolóxico por convición

As mulleres rurais de Os Hórreos, de Muros, comezan en 2007 un proxecto de recuperación de terras improdutirvas para o cultivo ecolóxico que hoxe acadan unhas 4 hectáreas. Os comezos non foron doados, pero hoxe son o modelo a seguir para moitas mulleres (e homes) do rural. Recentemente, foron galardoadas pola Deputación provincial da Coruña.

25/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 25/11/16

Neste espazo de Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza. Non o perdas!

23/11/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

V Limpeza simultánea de praias e lagoas litorais

O vindeiro venres e sábado, ADEGA realizará unha limpeza simultánea de praias e lagoas litorais nas costas galegas para concienciar sobre a importancia de evitar que os nosos residuos cheguen ao mar. As consecuencias son catastróficas para a biodiversidade mariña pero tamén para nós, xa que os microplásticos chegan ao máis alto da cadea trófica. Esta actividade de voluntariado ambiental afectará a seis das lagoas litorais máis importantes de Galiza.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal