ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Documental

Os xardíns descoñecidos da Costa da Morte. As microrreservas de flora de Fisterra.

O proxecto "Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte" permitiunos realizar accións de limpeza de praias e eliminación de especies de flora invasora en diferentes concellos da Costa da Morte co obxecto de conservar á vez que concienciar sobre o valor ambiental destas xoias litorais.

Proxecto Ríos. Saída no río Viñao, Boborás.

Vídeo resumo da saída de Proxecto Ríos ao río Viñao coa Sociedade de Pesca Deportiva "Río Viñao", o CEIP Xuvencos, o CEIP Eulogio Gómez Franqueira e os Montadores de mosca de Soutomaior. Vídeo de Xuve Producións.

O ecoloxismo na loita contra as especies invasoras

As especies exóticas invasoras son unha das principais ameazas ambientais na actualidade. Divulgar para dar a coñecer a problemática que supoñen estas especies, tanto para o medio como a saúde ou a economía, a través de talleres e actividades de voluntariado, é unha das liñas de traballo de moitas organizacións ecoloxistas.

Valados. Refuxios de biodiversidade.

Os muros de pedra, conforman a paisaxe histórica da Galiza, son elementos patrimoniais, que contribúen a crear hábitats e aumentar a diversidade biolóxica. Simbolizan a conexión natural coa natureza, porque a técnica construtiva depende fortemente da contorna, o tipo e a forma de pedra dispoñíbel. Os valados representan na paisaxe as formas de vida tradicionais, séculos de agricultura e gandería que constitúen unha reserva natural lineal. ADEGA-Lugo realizou unhas xornadas formativas teóricas e prácticas sobre valados e a súa reconstrución.

II Conferencia Xuvenil do Life Invasaqua. Allariz

Vídeo resumo das xornadas de encontro entre alumnado de Portugal e Galiza nno marco do proxecto europeo Life Invasaqua. O encontro serviu para intercambiar impresións sobre os traballos feitos nos centros de ensino de aproximación aos ríos e á problématica das especies invasoras. No tempo de lecer fixéronse actividades educativas de pesca eléctrica, identificación de macroinvertebrados e de flora da contorna.

Proxecto Ríos no CEIP A Lama

VídeoBlog dunha saída do Proxecto Ríos ao río Verdurgo (Pontevedra) co CEIP A Lama; outro xeito de coñecer o noso patrimonio natural e cultural.

Proxecto Rías Sostibles

No mes de agosto de 2020, a Asociación Ecoloxista ADEGA e o “Grupo de acción local do sector pesqueiro Seo Fisterra, Ría de Muros Noia, Costa sostible” embarcámonos no Proxecto Rías Sostibles para concienciar ao sector marisqueiro e pesqueiro da problemática do lixo mariño, así como introducir boas prácticas na actividade profesional. Nesta iniciativa, participaron as confrarías de O Pindo, Lira, Muros, Noia e Porto do Son.

Limpeza simultánea Móllate polos ríos 2021!

Vídeo resumo da XIV Limpeza Simultánea de Limpeza de Ríos, organizada polo Proxecto Ríos, de ADEGA, en setembro de 2021. Grazas ás voluntarias que participaron nesta edición conseguimos retirar máis de 14 toneladas de lixo dos cauces e das beiras dos nosos ríos.

O lobo en Galiza, ameaza ou patrimonio?

Nesta produción de Nós Televisión analízase a figura do lobo como símbolo na cultura popular galega. Recentemente, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e de Biodiversidade aprobou incluír ao lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. Que suporía esta decisión? Como é recibido no rural galego? A relación coa contorna natural está marcada pola precariedade? Afondamos na figura do lobo en Galiza e as posibilidades dun rural digno e vivo. ADEGA achega tamén a súa opinión a través de Fins Eirexas, secretario técnico da organización.

Dor e gloria da terra

Vídeo elaborado por ADEGA Lugo, gañador do Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria no 2º certame de videocreación Lugo Cultural 2020.

UNED Lugo

ADEGA participa no programa "NturalMente" da UNED de Lugo con diversos proxectos de educación ambiental, como Proxecto Ríos, compostaxe ou fogares verdes.

Eu composto, Allariz composta

Eu composto, ti compostas, ela composta, nós compostamos, vós compostades.... ALLARIZ COMPOSTA.

O sector do mar contra o lixo mariño - Rías Sostibles fronte os microplásticos

O lixo mariño é aínda un descoñecido para boa parte da sociedade. O impacto no mar de contaminantes como os microplásticos repercute tanto na actividade económica como na nosa propia saúde. Desde o colectivo ecoloxista ADEGA e o GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia sinalan: é hora de afrontar este problema. Este é un adianto en Nós TV do proxecto "Rías sostibles" de concienciación do sector do mar sobre o lixo mariño, que promoven as entidades citadas.

Entrevista a Lucía Parente (ADEGA) sobre xestión de residuos (por Fundación Barrié)

Entrevista a Lucía Parente, educadora ambiental de ADEGA, da Fundación Barrié sobre a xestión de residuos no marco da exposición "Out to Sea? The Plastic Garbage Proyect" en 2015.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal