ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Conversas co Ecoloxismo

Entrevista Modesto Ochoa │30 anos de activismo ambiental en Honduras

Modesto Ochoa é defensor da terra en Honduras. Neste ano 2023 visitou Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar aquí as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que se libran en Galiza. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de conversar con el nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.

Entrevista Sandra Reyes │O activismo pola defensa da terra en Honduras

Sandra Reyes é defensora da terra en Honduras. Neste ano 2023 visitou Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar aquí as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que se libran en Galiza. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de conversar con ela nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.

Entrevista Rafa Vilar │Aniversario do Prestige: 20 anos de impunidade

CernaTV presenta unha entrevista co voceiro da Plataforma Nunca Máis, Rafa Vilar, cando se fan 20 anos da catástrofe ambiental do Prestige. Repasamos aqueles momentos de maior tensión e a potente resposta social que se produciu fronte á inacción política.

ADEGA no programa A Porta Aberta da TVG

O número 10 do programa A Porta Aberta da Televisión de Galicia, emitido o 6 de decembro de 2022, estivo dedicado ao traballo que a asociación ecoloxista ADEGA desenvolve polo coidado da natureza dende o ano 1976.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal