Este libro é unha especie de atlas de xeografía mítica de Terra de Montes, que reedita e amplía o volume “Reivindicación da Montaña Máxica”, publicado en 2007. Con deseño e maquetación de Trisquelia, combina ilustracións, fotografías a cor e un mapa de oito rotas que localiza as trinta estacións míticas de O Seixo. É unha grande ferramenta de acompañamento para aquelas persoas interesadas en descubrir a pé a singularidade material e inmaterial do monte Seixo, mesmo aqueles túneles míticos que comunican o Castro Grande con Pozo Sanguento, ou Fontefría co monte de Costoia. Na descrición do camiño non falta detalle do mundo máxico da montaña, desde a cidade de Trentinán, ata o Marco do Vento ou Portalén.
Tampouco se esquece Calros Solla de facer unha crítica aos danos causados neste monte máxico polo parque eólico instalado alí no ano 2000.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal