ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Material divulgativo / Roteiros de Adega Lugo

Roteiros 2021-2022: As nosas sagradas montañas

As nosas montañas hoxe son menosprezadas e son obxectivo de megaparques eólicos, que fragmentan hábitats e esquilman os recursos, deixando de lado ás poboacións locais. Por iso tocaremos a rebato durante 9 saídas nas que visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo destes lugares. Fai a túa reserva en https://roteirosadegalugo.wordpress.com

Descargar

Roteiros 2020-2021: Augas Vivas

Este curso 20/21 ADEGA- Lugo quere por en destaque as nosas áugas interiores. Seu servizo, que nos dá vida para innúmeros seres vivos, alimento para a terra e lecer para a nosa vista. A regalía dos rios é un valor que temos de cuidar, mas que está a ser moi mal tratado. Reserva praza en http://roteirosadegalugo.wordpress.com

Descargar

Roteiros 2019-2020: Tecendo Redes

A través dos roteiros "Tecendo Redes" ADEGA trata de poñer en valor a importancia que ten para a defensa do medio ambiente e do patrimonio a colaboración, sinerxías, e redes que se tecen entre os distintos colectivos sociais, ben sexan ecoloxistas, culturais, veciñais, sectoriais, etc. Por isto, para o desenvolvemento destes roteiros contarase coa colaboración de diversos colectivos locais de diverso carácter cos que ADEGA mantén relación e ten tecido rede que nos guiarán e acompañarán en todas estas rutas. Reserva praza en http://roteirosadegalugo.wordpress.com

Descargar

Roteiros 2018-2019: Fauna Daquí

ADEGA-Lugo dedicará os Roteiros deste curso 2018-2019 ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galiza, especialmente de especies dos diferentes grupos animais que son emblemáticas ou que están en situación de ameaza. Para participar será preciso cubrir o formulario de reserva no sitio http://roteirosadegalugo.wordpress.com ou chamar ao 982 240 299 ou 670 260 440. A reserva terase que facer polo menos con 3 días de antelación á data do roteiro.

Descargar

Roteiros 2017-2018: 20 Anos camiñando con ADEGA-Lugo

Nos últimos 20 anos ADEGA-Lugo demostrou un compromiso inalterable no deseño e organización dos seus tradicionais Roteiros. Este curso 2017-2018, as andainas de ADEGA-Lugo estarán dedicadas precisamente a celebrar o seu vixésimo aniversario, escollendo para a ocasión aqueles roteiros que tiveron mellor acollida ou que resultaron especialmente interesantes para os participantes. Para participar será preciso chamar con 3 días de antelación, como mínimo, ao 982240299 ou 679113718, ou enviar un mail a adegalugo@adega.gal.

Descargar

Roteiros 2016-2017: Recuperando O Noso

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros deste curso 2016-2017 a mostrar diferentes iniciativas, repartidas por todo o país, que teñen como obxectivo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural. O motivo destas andainas nace da proposta das persoas que participan habitualmente nos roteiros de ADEGA-Lugo e da propia intención de ADEGA, tras observar durante as nosas camiñadas, como moitos dos costumes, tradicións e construcións populares que forman parte do patrimonio cultural de Galiza, así como a propia paisaxe galega, están sendo apagados e van camiño de desaparecer. Por iso queremos pór en destaque algunhas das experiencias galegas que actúan en positivo e que demostran gran coraxe na recuperación desta cultura popular, da nosa tradición e tamén do noso patrimonio natural.

Descargar

Roteiros 2015-2016: Memoria Pétrea

O ciclo de roteiros anual de ADEGA-Lugo estará destinado durante este curso 2015-2016 a indagar a fondo na nosa memoria histórico-cultural e a visitar algúns dos elementos do patrimonio material máis antigo de Galiza que aínda permanece impregnando o noso territorio e converténdose en pegada viva e orixinal da nosa cultura. "Memoria pétrea” propón a realización de oito andainas por lugares ou zonas da xeografía galega onde se conservan pegadas pétreas da nosa prehistoria, da época castrexa, romana ou medieval ata os nosos días; aínda que as visitas a castros serán un común denominador neste ciclo de andainas, que percorrerá zonas chairas, de alta montaña e de costa. Para participar será preciso chamar con 3 días de antelación, como mínimo, ao 982240299 ou 679113718, ou enviar un mail a adegalugo@adega.gal.

Descargar

Roteiros 2015: Cousa de Raíces

Os Roteiros "Cousa de Raíces" desenvólvense dentro da campaña que leva o mesmo nome e na que participan máis de 50 entidades defensoras do bosque galego. Estes roteiros achegarante a algúns dos bosques máis emblemáticos de Galiza ou que representan parte da súa grandiosa biodiversidade. Tamén coñecerás algunhas das ameazas ás que están sometidos. Para poder participar será preciso chamar con 3 días de antelación, como mínimo, ao 982240299 ou 679113718, ou enviar un mail a adegalugo@adega.gal.

Descargar

Roteiros 2014: Roteiros H2O

Os Roteiros H2O están destinados a recoñecer a auga en varias das súas formas e funcionalidades en diferentes eidos e espazos naturais do país. ADEGA quere aproximarte ás augas que traballan, que moldean, que agochan unha enorme biodiversidade, que serven como recurso económico, etc. Son en total 6 roteiros que percorrerán a meirande parte da provincia de Lugo. Para poder participar será preciso chamar con 3 días de antelación, como mínimo, ao 982240299 ou 679113718, ou enviar un mail a adegalugo@adega.gal.

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal