Inicio / Material divulgativo / Fogares Verdes
Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios. Este manual explica de forma sinxela como aforrar auga e enerxía na vida cotiá, incorporando acción e hábitos simples para reducir o consumo de recursos.
Manual que pretende facer una chamada de atención sobre as festas do consumismo por excelencia. Consumo de enerxía, xeración inxente de residuos ou depredación sobre o medio natural son algunhas das consecuencias dunha celebración que nun tempo foi sinónimo de recollemento e convivencia familiar. Preséntanse algunhas ideas e propostas para superar estas festas sen caer no desbaldimento de recursos naturais e, ao tempo, gozar das mesmas sen présas nin estres.
Aquí atoparás unha receita de cosmética natural. Elabora a túa propia pasta de dentes na casa. É moi sinxelo! Tamén podes ver o obradorio por vídeo: https://youtu.be/P9QoXdRhMnA
Aprendemos a facer plastilina na casa sen tóxicos e xogando, naturalmente!
Nesta ficha de actividade atoparás a fórmular para facer engrudo ou pegamento natural.
A auga é un recurso finito polo que debemos ser moi responsábeis á hora de consumila. Se queres facer un consumo máis responsábel e eficiente da auga, propoñémosche esta actividade ou Eco-idea de ADEGA.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal