Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
A recentemente declarada “emerxencia cinexética temporal” en 248 concellos (o 80% de Galiza) para cazar xabarín sen límites pon de manifesto a improvisación e o desinterese da Xunta por xestionar a fauna salvaxe con criterios científicos.
ADEGA lanza unha plataforma pioneira en Galiza para que calquera persoa ou entidade poida iniciar un reto propio de recadación para frear a actual vaga eólica.
Carlos Durão tivo un papel fundamental na defensa dos océanos fronte os vertidos radioactivos na foxa Atlántica. ADEGA lamenta o seu pasamento o pasado 8 de setembro e lembra o seu papel no ecoloxismo galego.
O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS
Os proxectos eólicos Vilartoxo, Troitomil, Monte da Croa e Rodicio II serán recorridos por ADEGA diante do TSXG ao ter conseguido os fondos necesarios a través da campaña de crowfunding “Ti podes paralos!”.
ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal