ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
03/07/2026

ALTRI incumpre todos os obxectivos ambientais do Regulamento europeo para investimentos sustentábeis

A que agarda Rueda para denegar a autorización ambiental?

O recente "informe independente" da certificadora Bureau Veritas pagado por Altri para demostrar a súa viabilidade ambiental é un insulto á intelixencia que non tapa as vergoñas do proxecto. Mentres, o proxecto aínda non foi arquivado pola Xunta.

+info

09/04/2026

O Benceno é un composto volátil, recoñecido canceríxeno e moi perigoso para a saúde e o ambiente

ADEGA esixe á Xunta vixiar as emisións de Benceno na proximidade das principais industrias produtoras

As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno perto de lugares moi poboados

En Galiza existen 19 complexos que emiten 8 toneladas de benceno ao ano. Porén, e malia a estaren próximas a núcleos habitados, ningunha delas dispón dunha rede de control de contaminación con medidores de Benceno.

+info

30/03/2026

A dragaxe do Lérez podería trasladar a contaminación de ENCE á ría de Arousa

O proxecto de dragaxe do acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez que promove Portos pretende extraer medio millón de m³ de sedimentos contaminados e deitalos fronte á canle de entrada da ría de Arousa.

+info

11/02/2026

As emisións de contaminantes atmosféricos en Galiza están por riba do que nos corresponde por extensión, poboación e PIB

ADEGA leva ao Consello da Calidade do Ar de Galiza propostas para reducir as emisións na liña do recomendado pola OMS.

+info

15/01/2026

ADEGA denuncia a fragmentación ilegal do proxecto de macroplanta de biometano en Curtis e alerta da súa nula viabilidade a longo prazo

A asociación ecoloxista esixe unha avaliación ambiental conxunta con outras dúas plantas existentes para que se teñan en conta os efectos acumulativos. ADEGA tamén advirte de graves riscos para a seguridade das persoas.

+info

29/10/2025

A Plataforma “Nostián con Futuro” reclama unha campaña de información máis ambiciosa coa chegada do quinto contedor

A plataforma veciñal e ecoloxista alerta do “desconcerto” actual na cidadanía e sinala que a campaña de sensibilización é polo de agora insuficiente para un cambio de hábitos tan importante.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal