ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
06/04/2021

As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos

ADEGA, Amigos da Terra, AGCT, Verdegaia, GN Hábitat, SGHN e SGO esixen coñecer os 10 proxectos presentados pola Consellaría de Medio Ambiente ao fondos "Next Generation" e instan de novo á Xunta a cumprir coa normativa ambiental.

+info

05/04/2021

ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI

ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa INCA, e promovido polo Concello de Lugo.

+info

15/03/2021

O Concello de Lugo tramita un plan urbanístico lesivo co río Rato, preto de onde promove un barrio ecolóxico

ADEGA, RIOS CON VIDA e a ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PARQUE DE ROSALÍA DE CASTRO E O SEU ENTORNO veñen de presentar alegacións ao planeamento urbanístico do sector S-5-I en Lugo.

+info

08/03/2021

Plantación de teixos na Eira da Xoana

O pasado 6 de marzo realizouse a primeira acción de plantación da campaña "O Teixo: tempo ao tempo" que promove ADEGA e a Fundación Eira

+info

16/02/2021

ADEGA pregúntase que reclaman aqueles que piden manter a caza do lobo, se desde 2013 non se logrou abater ningún exemplar a través de controis legais.

O problema co lobo en Galiza non é a súa protección, senón que a Xunta non ofrece solucións á gandería

A Xunta: indiferenza ante a caza furtiva do lobo e ausencia de solucións eficaces para a prevención de ataque

A Xunta amosa indiferenza ante a caza furtiva do lobo e ausencia de solucións eficaces para a prevención de ataques. Que reclaman os que piden manter a caza se desde 2013 non se abateu ningún exemplar cos "controis" legais? Seguir coa impunidade...

+info

11/02/2021

ADEGA advirte aos alcaldes de Baralla e Castroverde que a eucaliptización causa a desertización no rural

Recentemente alcaldes de Baralla e Castroverde protestaron contra as limitacións ao Eucalipto nitens, suxeridas pola Xunta, ADEGA anímaos a reflexionar sobre o errado da súa estratexia eucaliptizadora.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal