ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
05/08/2026

A nova Sala Terceira do TSXG frea cautelarmente outro proxecto eólico polos seus riscos ambientais

Trátase de Fial das Corzas, un parque impulsado por Iberdrola ás portas do Parque Natural do Invernadoiro.

+info

02/08/2026

"Emerxencia cinexética" do xabarín: a Xunta privatiza a xestión da fauna salvaxe en favor dos cazadores

A medida carece de base técnica e científica e resulta ineficaz, irresponsábel e perigosa

A Xunta de Galiza acaba de declarar a emerxencia cinexética en todo o territorio e durante un ano para o control do xabarín, unha medida que revela unha grave irresponsabilidade na xestión pública da problemática das poboacións desta especie.

+info

30/07/2026

ADEGA esixe á Xunta que denegue as solicitudes de utilidade pública dos parques eólicos paralizados polo TSXG

Empresas eólicas con parques paralizados cautelarmente polo TSXG para evitar danos ambientais irreparábeis están a solicitar á Xunta a declaración de utilidade pública para poder ocupar as terras ou expropialas, nunha posíbel manobra de intimidación.

+info

27/07/2026

Logo de apagados os catastróficos lumes do verán pasado, esqueceuse a necesidade de abordar cambios.

Galiza chega á época de máximo risco de incendio cos deberes sen facer

Solidariedade coas persoas damnificadas polos megaincendios na Península e Europa, e recoñecemento ás equipas de extinción que encaran unha tarefa titánica dende a precariedade laboral.

O noso país afronta esta ominosa tempada de lumes precedida de temperaturas extremas. Mentres, a Xunta, abanea entre a inacción covarde e a promoción suicida do eucalipto.

+info

21/07/2026

A Xunta volve adiar a declaración de zonas vulnerables a nitratos, e van 26 anos de demora, mentras promove o biometano

A primeiros de mes a Xunta abreu consulta sobre o Decreto para reducir a contaminación por nitratos... outra vez. Xa o fixera en 2025, sen chegar a aprobar nada. E así dende o ano 2000, adiando medidas mentras proliferan as plantas de biometano.

+info

16/07/2026

O TSXG dá novamente a razón a ADEGA e paraliza o parque eólico Pena do Pico

A Sección 3ª resolve por unanimidade acoller as medidas cautelares solicitadas por ADEGA no contencioso contra a Xunta e Greenalia pola autorización do PE "Pena do Pico" nos Ancares lucenses.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal