ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
22/10/2024

ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II polos danos a un patrimonio xeolóxico único

Nin o estudo de impacto nin a DIA rexistraron a presenza do glaciar rochoso da Ruña e de hábitats prioritarios

As obras do parque eólico Ruña II están a destruír valiosos restos xeolóxicos de 100.000 anos de antigüidade, con afectación tamén a hábitats higrófilos que non foron considerados na DIA

+info

09/09/2024

Centrais de bombeo na Ruña: desfacer a paisaxe e masacrar o Xallas até o ano 2099

ADEGA vén de alegar aos proxectos de centrais de bombeo que Augas de Galiza tramita nos montes da Ruña, sobre o río Xallas e a carón do Pindo. Trátase de proxectos para especular co prezo da electricidade a costa de sacrificar unha bacía hidrográfica

+info

16/01/2024

ALTRI ocultou información sobre o impacto da súa fatoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo

O proxecto da celulosa na Ulloa obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción

+info

18/09/2023

As obras foron realizadas polo Concello de Castroverde contravindo o seu propio PXOM

ADEGA-Lugo e Mariña Patrimonio denuncian obras de recheo sobre o Castro da Eirexe

As entidades presentaron unha denuncia perante a DX de Patrimonio Cultural pola intervención nunha parcela integrante dun ben catalogado.

+info

01/08/2023

Ao xulgado un parque eólico autorizado pola Xunta a Naturgy sobre especies en perigo de extinción

ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata

+info

28/04/2023

ADEGA denuncia novas plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral

Membros da Comisión de Montes de ADEGA nunha saída polos arredores da Serra do Xistral, detectaron nunha soa xornada 17 parcelas con plantacións ilegais de eucaliptos, 12 delas en zona de ampliación da Rede Natura 2000.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal